29/10/13

A biblioteca e as familias

A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, deseñou a elaboración dunha serie de vídeos co fin de mostrar distintos aspectos das boas prácticas nas bibliotecas escolares. 

O noso centro recibiu a proposta para aportar a nosa experiencia na colaboración coas familias.
 O resultado é este vídeo, que hoxe, Día da biblioteca , queremos compartir con vós.
Unha vez máis, queremos agradecervos a vosa colaboración, as vosas propostas, a vosa presenza arredor da biblioteca e da escola.

24/10/13

Xogo de pistas na biblioteca escolar

Para celebrar o Día das bibliotecas, fixemos un xogo de pistas, no que tiñamos que localizar palabras escondidas nos libros de ciencias:

22/10/13

Binomio fantástico

O alumnado de 6º curso está a traballar o binomio fantástico creado por Gianni Rodari. Aquí tedes máis información e actividades.




19/10/13

Viaxamos a Idade Media

Estivemos no museo subterráneo das torresa arcebispais. En realidade, o museo está no foso. Vimos unha película da época (Idade Media) en 3D. e logo xogamos nuns paneis interactivos, para ver canto aprenderamos:

Viaxamos ao Neolítico

Este luns en Pontevedra fixemos unha viaxe no tempo. Visitamos unha exposición do Neolítico:


17/10/13

Mazarico

En 6º tamén bailamos unha canción do libro Para cantar e bailar. Tivemos que lembrarnos de como se facía a cadea. Saiunos moi ben, porque algo quedou na memoria de cando a fixemos para o festival das Letras Galegas de hai dous anos. Esperamos que vos guste o vídeo!

16/10/13

A xiralda

Así de ben saÍu o baile de "A xiralda". Unha vez máis, empregamos unha das propostas que amosa Luis Prego no seu libro "Para cantar e bailar". Non é un baile doado, pero somos maiores e iso de movernos dásenos moi ben. Mesmo nos atrevemos cos cambios de parella!

12/10/13

Imos ser publicistas!

Clica na imaxe de "Leer.es" e le a súa proposta.

10/10/13

Carta do ratiño Paco para 6º


CARTA DE PACO PARA 6º  DE PRIMARIA


CÓMO ESTADES? SEGURO QUE MOI CONTENTOS NA VOSA NOVA CLASE.
EU XA VOLVÍN DAS VACACIÓNS .ESTIVEN LENDO TODOS OS LIBROS QUE TIÑADES NA SECCIÓN DE ARTE, OS QUE TEÑEN ETIQUETA ROSA E GOCEI MOITO VIAXANDO POLOS MUSEOS DO MUNDO, ENCÁNTÁRONME

GUSTARÍAME  VER  O  COLE  CONVERTIDO  NUN MUSEO,  ASÍ QUE, QUE  VOS  PARECE  SE INVESTIGADES
 SOBRE SEOANE E RENOIR?

E  QUE FAGADES A  REPRODUCIÓN  DUN  CADRO   DESTES AUTORES PARA EXPOÑELA.

A  INFORMACIÓN  QUE  ATOPEDES  PODEDES EXPOÑELA  TAMÉN  E  MÁIS  TARDE  CONTARÉDESLLA AOS  VOSOS  COMPAÑEIROS/AS


APERTAS COLORIDAS!!!!

Carta do ratiño Paco para 5º curso


CARTA DE PACO PARA 5º  DE PRIMARIA


COMO ESTADES? SEGURO QUE MOI CONTENTOS NA VOSA NOVA CLASE.
EU XA VOLVÍN DAS VACACIÓNS .ESTIVEN LENDO TODOS OS LIBROS QUE TIÑADES NA SECCIÓN DE ARTE, OS QUE TEÑEN ETIQUETA ROSA, E GOCEI MOITO VIAXANDO POLOS MUSEOS DO MUNDO, ENCÁNTÁRONME

GUSTARÍAME  VER  O  COLE  CONVERTIDO  NUN MUSEO,  ASÍ QUE, QUE  VOS  PARECE  SE INVESTIGADES
 SOBRE MENCHU LAMAS E RENOIR?

GUSTARÍAME TAMÉN QUE FIXERADES A  REPRODUCIÓN  DUN  CADRO   DESTA AUTORA, PARA EXPOÑELA.

A  INFORMACIÓN  QUE  ATOPEDES  PODEDES EXPOÑELA  TAMÉN  E  MÁIS  TARDE  CONTARÉDESLLA AOS  VOSOS  COMPAÑEIROS/AS


APERTAS COLORIDAS!!!!

05/10/13

Os alimentos

Os nenos e nenas da clase de 6º están a estudar os alimentos.
Entrade aquí para acceder ás actividades sobre a saúde.


02/10/13

Estratexias matemáticas I

01/10/13

Os maiores do cole tamén coidamos o planeta!

Un sitio web produce 0.02 gr. de CO2 por cada visita; máis ou menos 3.6 Kg. ao ano. Unha árbore absorbe cada ano unha media de 10 kg. de CO2, é dicir, unha árbore reduce as emisións de dióxido de carbono do noso blog por un tempo correspondente a 50 anos. Por este motivo, o noso blog é de impacto cero. Só temos que poñer a imaxe de "O noso blog é Co2 Neutral" na web e plantarase unha árbore que axudará a coidar o medio ambiente. 
 Nós xa o axudamos a coidar o planeta!!