09/12/25

XORNADA DE CONVIVENCIA IES PARALAIA

 O pasado 21 de novembro, o alumnado de 6º de primaria realizou unha saída ao Instituto IES Paralaia para celebrar unha xornada de convivencia e o magosto. Durante a mañá, puidemos participar en diferentes actividades preparadas polo instituto, pensadas para fomentar a colaboración, o respecto e o traballo en equipo entre estudantes de diferentes centro de Moaña que o próximo ano estarán e compartiran clase no insti.

Despois dos xogos, gozamos do tradicional magosto e compartimos un momento festivo nun ambiente próximo e agradable. A actividade permitiu reforzar a relación entre centros e vivir unha experiencia educativa diferente e enriquecedora.

Foi unha xornada divertida, participativa que agardamos repetir.






OS DEREITOS DA INFANCIA

Na nosa escola celebramos o Día dos Dereitos da Infancia para lembrar que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar felices, seguros e respectados. Durante a xornada realizamos a actividade "Plantando dereitos" para coñecer mellor dereitos como a educación, a saúde, o xogo ou a igualdade.

Esta celebración axúdanos a reflexionar sobre a importancia de coidar uns dos outros e de construír unha comunidade onde cada rapaz e rapaza se sinta valorado. Defender os dereitos da infancia é garantir un futuro mellor para todos.





 

ECOPERCUSIÓN



O pasado xoves 20 de novembro, tivemos a actividade ofertada dende o Concello de Moaña "Ecopercusión ". Proxecto enfocado á formación e execución de grupos de percusión en centros de ensinanza contribuindo ao desenvolvemento da música instrumental, vocal e a expresión corporal. Ademáis promove a sostenibilidade a través da música utilizando material de refugallo para a creación de instrumentos, concienciando e respetando o medioambiente. Esto só é a primeira parte do proxecto... Este vindeiro venres, actuaremos cos outros colexios de Moaña no entorno do palco da música pero ese é outro capítulo... Queredes saber como comezou o primeiro ensaio?










04/12/25

3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

 No cole, traballamos o Día da Diversidade. O departamento de orientación preparou unha exposición que amosa a realidade para unha persoa con discapacidade cando escoita frases que consideramos "normais" dicir.

Nos cursos de infantil e algúns de primaria, prepararon unha ficha na que cada persoa escribía sobre os seus gustos e logo fixeron un intercambio de puntos de vista sobre o diferentes e diversos que somos.

O que nos quedou claro é que non hai dúas persoas iguais, todos somos diferentes e non por iso somos mellores nin peores.








20/11/25

Visita ao porto de Vigo

O luns, os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria aprenderon moito sobre o fondo da nosa ría no Nautilus e o Hidria Segundo.






Apadriñamento lector

Os nenos e nenas de 1º desfrutaron dun ratiño de lectura cos seus padriños e madriñas de 5º.



19/11/25

Charla de "Comunidades en liña"

O mércores 5 de novembro e o martes 18, as alumnas e alumnos de 6º de primaria recibiron unha formación sobre "Comunidades en liña". Unha actividade impartida por ÉRGUETE onde nos explicaron os diferentes tipos de acoso que podemos ter na rede, a dependencia que crea o mal uso da tecnoloxía e a privacidade e coidado que temos que ter coas redes sociais. Interesante!!

12/11/25

O Magosto

 O luns celebramos o magosto no cole. Divertímonos moito cos xogos populares (carreiras de sacos, zancos, soga tira...), comemos castañas e tamén un chouripán co que nos agasallou a ANPA, a que queremos agradecer unha vez máis a súa gran axuda e colaboración co centro.

08/11/25

Cros Zonal Xogade

Aquí deixamos un pequeno resumo do cros zonal que se disputou o martes nas inmediacións das pistas de atletismo da Xunqueira.

07/11/25

BENVIDA AO NOVO CURSO




 Benvidas e benvidos ao noso blog do cole! Este ano, imos vivir xuntos moitas experiencias novas, cheas de aprendizaxes, retos e, por suposto, moita diversión! 😄

Estamos a comezar un novo curso escolar e con el veñen moitas cousas emocionantes. Quinto de Primaria é un ano cheo de oportunidades para aprender, descubrir novos intereses e traballar en equipo. Ademais de aprender as materias de sempre  teremos tamén novos proxectos, saídas e actividades que nos farán crecer e pasalo xenial!

01/11/25

Samaín

 Fermosas as cabazas que prepararon as nenas e nenos para decorar o cole e acender no día do Samaín.

29/10/25

Presentación do alumnado de 5º e 6º

 Que fermosos quedaron os videos que fixeron as nenas e nenos de 5º e 6º para presentarse. Empregaron o croma para logo cambiar os fondos verdes e poñer a imaxe que eles elixiron.

Parabéns polo voso traballo.


22/10/25

Remoergómetro

 O pasado venres día 17 de outubro, o alumnado de 5º participou nun campeonato escolar de remoergómetro enmarcado dentro do programa XOGADE.

Desprazámonos ata Marín e alí participamos con outros nenos e nenas dos distintos centros educativos de Bueu, Cangas, Moaña e Marín.

Pasámolo moi ben!


21/10/25

XA ESTAMOS EN 6º DE PRIMARIA! DERRADEIRO CURSO EN QUINTELA!

 

E de súpeto... zas! Xa somos os maiores do cole! 

Damos a benvida a este último curso 2025-2026 no CEIP de Quintela con enerxía, ilusión, sentido do humor e un pouco de nostalxia. Aquí crecemos e forxamos amizades que continuarán no futuro. Disfrutaremos este ano dos nosos rincóns e espacios favoritos!

A polo derradeiro curso en Quintela!!



09/10/25

Remoergómetro

 O luns, tivemos o pracer de recibir a Beti e Rubén, adestradores do Club de Remo Samertolameu de Meira que viñeron ensinarnos o funcionamento dos ergómetros no deporte do remo.

A vindeira semana, o alumnado de 5º de primaria participará nunha xornada en Marín dedicada a esta modalidade dentro do progama XOGADE e, grazas ao Club de Remo de Meira, pois xa imos un pouco preparados e preparadas para o que nos imos atopar.

Moitas grazas por ensinarnos a remar no ergómetro!





02/10/25

Merendas saudables

 Aquí tedes o documento completo de recomendacións das merendas para os vosos fillos e fillas. Esperamos que vos sirva de axuda.






21/06/25

Intercentros en 6° de primaria

 O luns, o alumnado de 6° visitou o cole de Tirán para realizar unha xornada deportiva dentro do programa XOGADE. Pacticaron baloncesto, balonmán e voleibol.





13/06/25

Convivencia en Castrelos

 A pesar de que o tempo non nos acompañou nalgún que outro intre, a xornada de convivencia en Castrelos foi moi amena e divertida.











04/06/25

Intercentros co alumnado de 6°

 Hoxe, o alumnado de 6° gozou dunha xornada de convivencia e deporte co alumnado de 6° do CEIP de Abelendo.

Mesturámonos para compañer os equipos e xogamos ao baloncesto, hockey, atrapa a bandeira e datchball.

Pasámolo moi ben!

Grazas ao alumnado de Abelendo por vir pasar a mañá con nós.