O pasado xoves 20 de novembro, tivemos a actividade ofertada dende o Concello de Moaña "Ecopercusión ". Proxecto enfocado á formación e execución de grupos de percusión en centros de ensinanza contribuindo ao desenvolvemento da música instrumental, vocal e a expresión corporal. Ademáis promove a sostenibilidade a través da música utilizando material de refugallo para a creación de instrumentos, concienciando e respetando o medioambiente.
Esto só é a primeira parte do proxecto... Este vindeiro venres, actuaremos cos outros colexios de Moaña no entorno do palco da música pero ese é outro capítulo... Queredes saber como comezou o primeiro ensaio?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario