18/11/22

5º participa no Pleno Infantil de Moaña

Hoxe celebrouse un Pleno Infantil  na casa do Concello.
O tema sobre o que se reflexionou foi "Os incendios".
Foron moitas e moi interesantes as propostas que xurdiron por parte do alumnado de todos os colexios que participaron, propostas que se lle transmitiron á tenente de alcade Dna. Marta Freire Riobó, á concelleira de deportes e ensino Dna. Dolores Chapela Pérez e ao concelleiro de mocidade e igualdade  D. Xosé Daniel Costas Currás
O noso colexio foi representado por Xiana e Tomé. Eles encargáronse de comunicar o traballo de reflexión realizado na clase entre todos.
Foi unha experiencia moi interesante.





 


Hoxe 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario