05/12/13

A estrela dos Reis Magos

O  pintor florentiino Giotto di Bondone ( 1267-1337)  pintou o seu famoso cadro "Adoración dos Reis Magos" .
Cando estaba pintando o cadro, no ano 1301,  o cometa Halley cruzou o ceo italiano, e o pintor reflectiuno na súa pintura.
Dende entón, reprodúcese unha e outra vez esa estrela nos cadros dos Reis Magos.

Por este motivo, a Axencia Espacial Europea bautizou co nome de "Misión Giotto" a sonda espacial que enviou no ano 1985 para estudar o cometa Halley

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario