16/09/08

SAÚDOS

¡Ola!

Somos os nenos e nenas de 6º curso do colexio de Quintela.

Na clase somos 13 alumnos, 6 nenos e 7 nenas. A nosa profe quere que vos contemos as cousas que facemos, o que nos gusta,...

Primeiro escribimos o que queremos "subir" e despois imos a aula de Informática e traballamos coa pizarra dixital.

Xa nos iremos presentando, agora só queríamos saudar.
Cando chegamos a escola quedámonos abraiados por todas as castañas que habia no chan .
Coñecimos a dúas profes novas: Cati e Xulia.
Para desgracia nosa o segundo día xa empezamos a levar deberes.
Neste curso temos dous novos compañeiros: Sergio e Eva.

1 comentario:

  1. A verdade é que tendes moita sorte, nos somos 24 na aula.

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario